Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na inauguración da XV edición do Encontro de Palilleiras de Burela que se celebrou o pasado sábado, 17 de maio

Estivo organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras “As Encaixeiras” e contou co apoio do Goberno galego. O porto de Burela foi o escenario no que as palilleiras convocadas amosaron o seu traballo ás persoas que se achegaron. O programa incluiu tamén degustación de empanada de pescada e visitas ao Monte Castelo e á igrexa da Vila do Medio, así como actividades infantís de pintacaras e globoflexia, entre outras.

Exit mobile version