Site icon Crónica3.com A Mariña

O delegado territorial, Javier Arias, asistiu este sábado aos partidos do Torneo de fútbol organizado pola Sociedade Deportiva Ribadeo nesa localidade coa colaboración da Xunta de Galicia

Esta fin de semana dispútanse os encontros das categorías Alevín e Biberón. Os días 7 e 8 de xuño será a quenda dos equipos de Benxamín e Prebenxamín, e rematarán os de Infantil os días 14 e 15 deste mes. Arias destacou o labor que vén realizando o club na promoción do deporte base e felicitounos por alcanzar a vixésima edición deste torneo, “polo que pasaron milleiros de rapaces de equipos procedentes de distintos puntos de España ou Portugal”.

Exit mobile version