A guerra de Ucrânia ten revelado moitas das miserias do planeta contemporáneo. E entre elas a natureza belicista dos impérios, a condición sumisa da UE e o esquecemento permanente do sofrimento da xente común. Á condena do militarismo ruso compre agregar unha crítica radical do expansionismo occidental. E compre lembrar, en paralelo, un escenario marcado poderosamente polas crises social e ecolóxica.
A conferencia abordará esta escalada bélica e as súas consecuencias; a situación xeopolítica actual, o incremento do gasto en defensa, a política de rearme da UE, o escenario que o neoliberalismo está a crear en materia de “seguridade” e as súas repercusións no que atinxe a servizos públicos , dereitos sociais, liberdades, etc