Lara Méndez denuncia que tras anunciarse o pacto, a través dunha nota de prensa, a empresa botou a tres traballadoras á rúa
Durante o debate dunha iniciativa no pleno do Parlamento, Méndez recriminoulle ao conselleiro que, despois de que se coñecera o acordo e de que o propietario da factoría puxera fin a catro días de peche unilateral, este comunicou o despido de tres traballadoras. A deputada socialista advertiu, ademais, que o problema podería estenderse de maneira inminente ata afectar aos doce empregados e empregadas que permaneceron fóra da fábrica durante o último día de actividade.
“Cal é ese seguimento”, preguntou Lara Méndez despois de que se constatasen os despedimentos xusto ao día seguinte da resposta da Xunta. Por iso, interesouse tamén por que medidas tomou a Administración autonómica “unha vez que soubo que había tres mulleres na rúa sen ningún motivo”.
“Que vai facer a Xunta de Galicia para que se vincule calquera tipo de axuda á empresa ao mantemento dos postos de traballo e á reicorporación desas tres traballadoras?”, insistiu a viceportavoz segunda do Grupo Socialista.