Site icon Crónica3.com A Mariña

O Mercado Medieval de Mondoñedo entra na Asocaición Española e europea de Festas e Recreacións Históricas

Mondoñedo, 15 de maio, 2025. O Concello de Mondoñedo ven de recibir oficialmente a entrada do Mercado Medieval de Mondoñedo na “Asociación Española de Fiestas y Recreaciones Históricas”, así como tamén na Asociación Europea.

Neste mes de maio, coa colaboración da Asociación O Pasatempo de Mondoñedo, o Mercado Medieval, que se celebra na localidade episcopal na segunda fin de semana de agosto, entrou por dereito propio como unha das festas de referencia en Galicia.

Esta entrada coincide nun momento no que xa se está a traballar a pleno rendemento para a celebración da presente edición do Mercado Medieval que chegará á súa, trixésimo terceira edición.

Exit mobile version