A Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia financian ao 50% o Orzamento da entidade encargada da prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento nos parques de bombeiros de Monforte de Lemos, Chantada, Sarria, Barreiros, Vilalba e Viveiro, que ascende en 2025 a 8,7 millóns de euros
Na anualidade 2025 o Orzamento inicial era de preto de 7,6M€, polo que o presuposto vixente para este ano ascenderá deste xeito aos 8,7M€ para a prestación do servizo. A Deputación achega o 50% desta dotación económica e o outro 50% a Xunta de Galicia, que garante o funcionamento dos seis parques do Consorcio na provincia, que contan con 20 efectivos cada un.
No convenio asinado a principios de ano recollíanse entre outras melloras a incorporación de 26 efectivos, un aumento salarial anual de 6.000 euros na categoría de bombeiro, redución de 158 horas anuais –ata as 1.642 horas -, ou o recoñecemento como persoal laboral fixo dos traballadores con contrato indefinido no momento da subrogación do pasado 1 de maio do 2019.
O Consorcio de Bombeiros da provincia de Lugo, conformado pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia ao 50%, inclúe os parques de Barreiros, Vilalba, Sarria, Monforte de Lemos, Viveiro e Chantada.