Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Trabada pide ao Concello que habilite un espazo para as reunións dos cazadores

José María Fernández sinala que no municipio hai un importante número de cazadores que colaboran ao control cinexético, “fundamental o desenvolvemento e facilitar o traballo diario de todas as explotacións agrogandeiras que hai en Trabada”

Trabada, 20 de maio de 2025. Os concelleiros do PP de Trabada pedirán no vindeiro pleno que o Concello habilite un espazo no municipio para que os cazadores poidan realizar as súas xuntanzas e coordinar todas as súas actividades.

O voceiro municipal, José María Fernández, recorda que en Trabada hai un importante número de cazadores que colaboran ao control cinexético no municipio, “fundamental para minimizar danos e facilitar o traballo diario ás numerosas explotacións agrogandeiras que hai asentadas no municipio”.

Neste senso, José María Fernández explica que unha posible localización para habilitar este punto de xuntanza para os cazadores podería ser ao carón do punto limpo municipal. “Alí hai espazo suficiente para colocar varios contenedores e dar así un lugar de reunión as cazadores”, explicou, ao que engadiu que “trátase dun punto que está afastado de núcleos de poboación e vivendas, polo que non habería molestia algunha para ninguén”.

Dende o PP de Trabada explican que son numerosos os concellos que teñen habilitados lugares coma este para que os cazadores poidan celebrar as súas xuntanzas e coordinar as súas actividades polo que “non sería nada complicado de levar adiante”.

Exit mobile version