“Descoñecemos se esta falta de investimentos en Burela ten algo que ver coa derrota de Tomé no noso municipio nas primarias do PSOE na provincia”; pero, en todo caso, os populares cren “as rivalidades internas dunha formación política non deberían afectar ao devir dos veciños de Burela”
O portavoz, Manuel Rouco, explica que “levan prometendo un quitamedos para o lado dereito da estrada que une Burela con San Román, a LU-P-1502, como medida de seguridade ante o perigoso desnivel que alí atopa na baixada”.
Pero, “a pesar de que a nosa alcaldesa forma parte do grupo de goberno da Deputación e, concretamente, leva as funcións da área de Economía, non se traduce en que, de momento, o ente provincial invista nin un só céntimo nas infraestruturas viarias de titularidade provincial na nosa vila. Iso que, en teoría, ía traballar a prol de Burela dende a Deputación”.
“Descoñecemos se esta falta de investimentos en Burela ten algo que ver coa derrota de Tomé no noso municipio nas eleccións primarias do PSOE na provincia de Lugo para elixir ao seu secretario xeral”, se pregunta Rouco.
“Non sabemos se xa se ulía que non ían ben as cousas en Burela a nivel interno e o está pagando coa nosa vila. De ser así, esperemos que se solucione este tema porque cremos que as rivalidades internas dunha formación política non deberían afectar ao devir dos veciños dun concello como Burela”, conclúe o popular.