Durante a xornada as asistentes puideron desfrutar das instalacións da área de talasoterapia. A proposta buscou ofrecer unha experiencia completa de benestar físico e emocional, dentro dun entorno relaxante, seguro e adaptado a todas as idades.
O programa Tempo para Ti, que o Concello leva desenvolvendo desde hai varios anos, aposta por ofrecer espazos pensados exclusivamente para as mulleres, nos que o autocoidado, o tempo propio e a saúde integral sexan o centro. A saída tivo unha excelente acollida e foi tamén unha oportunidade para compartir, reforzar vínculos e saír da rutina diaria.
Desde a Área de Igualdade do Concello de Ribadeo agradecen “a participación activa e o interese mostrado e destacan a importancia de seguir promovendo este tipo de iniciativas, que fomentan o benestar individual e colectivo desde unha perspectiva integradora e accesible”.