Os senadores do PP por Lugo débenlle unha explicación aos lucenses por esixir agora ao goberno medidas adicionais de seguridade para o Fiouco cando as actuais son moi superiores ás que rexeitaron hai anos cando gobernaba o PP. Pero a hipocrisía vai aínda máis lonxe porque algún deles tamen votou no Parlamento de Galicia en contra do arranxo da Nacional 634 que agora esixen desesperadamente.
Hai que ter rostro para montar este novo número despois de que hai 3 anos instalásese un sistema de balizamento antinéboa que reduciu drasticamente os riscos para as persoas e os peches do Fiouco. Medidas de seguridade adoptadas polo goberno de Pedro Sánchez – que o goberno de Rajoy nunca levou a cabo- e que está previsto se reforcen aínda en maior medida.
O máis lamentable deste exercicio de hipocrisía que volven levar a cabo é que o fan especulando coa seguridade das persoas cando agora están máis garantidas do que nunca o estiveron e cando nin a seguridade nin as persoas en nada lles importaban cando gobernaba o PP.
Os senadores do PP van acumulando nos últimos meses un currículo difícil, moi pouco envexable e difícil de superar. Todo lles vale. Desde mentir como fixeron descaradamente co Polígono de Rábade até manipular constantemente as respostas do Goberno pasando por sonoras meteduras de pata que levaron ao ridículo e que tiveron a oportunidade de coñecer todos os lucenses.
Deberían dedicar unha pequena parte do seu tempo a traballar en serio en lugar de ocupalo exclusivamente en seguir enganando aos lucenses e tentar sacar cabeza nos medios coma se houbese eleccións pronto cando quedan aínda máis de dous anos para facer méritos no seu propio partido que é o único que lles importa.
César Mogo
Senador socialista Por Lugo