Será o propio autor, Eduardo de Martís, o que dirixa a proxección do seu documental, seguido dun coloquio no que se tratarán diversos temas, entre eles, a identidade como valor emancipador.
O fotógrafo vén de publicar o seu primeiro libro, que recompila 233 fotografías de 146 municipios galegos e a través do cal pretende facer un percorrido pola nosa cultura.
Será esta, polo tanto, unha oportunidade máis para achegarse á reflexión da nosa identidade e cultura.
A entrada será de balde ata completar aforo.