Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación en Vilalba de “Comida para gatos e outras delicatessen indixestas”, de Luz Darriba

O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, dentro dos actos programados para este mes de maio, co gallo das Letras Galegas, organiza o venres 30 de maio de 2025, na Casa da Cultura, ás 20:00 horas, a presentación do libro “Comida para gatos e outras delicatessen indixestas”, do que é autora Luz Darriba, artista plástica e escritora. Presentará o acto Marisa Barreiro, presidenta do Iescha.

Exit mobile version