1. O Partido Popular de Burela quere facer públicas as súas máis fondas e sentidas condolencias, que xa trasladamos en privado, á familia da persoa falecida no tráxico suceso acontecido onte no recinto das festas patronais da nosa vila. Compartimos a súa dor neste momento tan duro e queremos transmitirlles todo o noso afecto e apoio
2. O Partido Popular de Burela quere expresar a súa profunda solidariedade co conxunto de persoas afectadas por este lamentable incidente. Desexamos de corazón unha pronta e completa recuperación para todas as vítimas que resultaron feridas. A súa dor tamén é a nosa, e queremos que saiban que estamos ao seu carón.
3. O Partido Popular de Burela traslada todo o seu apoio e solidariedade á gran familia da Fundación Eu Son, que está a vivir unha situación especialmente difícil. Sabemos da súa entrega e compromiso, e acompañámolos neste momento de fonda tristeza.
4. Respecto á continuidade ou suspensión das festas patronais, entendemos que está é unha decisión que lle corresponde exclusivamente á máxima responsable do Concello de Burela. Desde o noso grupo político, ofrecémonos para compartir a nosa opinión se así se nos require, mais reiteramos que a responsabilidade última recae na alcaldesa, quen deberá actuar en consecuencia e co máximo respecto ao sentir da veciñanza.
5. O Partido Popular reitera o seu pesar polos feitos acontecidos e a súa total disposición para colaborar en todo o que sexa necesario neste momento de dor para toda a comunidade burelesa.