Como antesala do congreso, tivo lugar o pasado xoves no Salón dos Alcaldes unha xornada aberta sobre saúde cardiovascular, un espazo de divulgación moi participado que puxo o foco na prevención e os hábitos saudables.
No congreso tratáronse temas clave como as enfermidades cardiovasculares, a prevención, a rehabilitación cardíaca ou a tecnoloxía aplicada á saúde.
Polo auditorio municipal pasou o alcalde, Dani Vega, que agradeceu “a todos os ponentes e participantes compartir coñecemento e poñer en valor a importancia de coidar do noso corazón”.
O rexedor destacou: “estamos estratexicamente situados e iso danos a posibilidade de acoller a celebración de congresos deste tipo así como outros eventos, que contribúen á dinamización económica de Ribadeo”.