O alcalde, Dani Vega, declarou: “sentimos un orgullo tremendo que Nutella elixira As Catedrais como imaxe para todos. Desde logo, eu creo que é unha promoción turística importantísima e tamén nosoutros sentimos esa responsabilidade de xestionar ben este espazo natural. Polo tanto, unha imaxe para promocionar sí, pero conservar todo o espazo natural”.
O rexedor subliñou: “a catedral laica de Galicia é a imaxe que elixiu Nutella. O agradecemento tamén, porque é unha promoción que evidentemente é gratuíta e polo tanto temos que ser agradecidos a Nutella para que informe e traslade a moitos fogares unha imaxe que se vai a converter seguramente que nunha visita ás Catedrais, a Ribadeo, a Galicia”.
E engadiu: “estamos moi agradecidos e vamos seguir traballando para que As Catedrais sigan a ser ese espazo natural aberto a todos”.