Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo aprobará este martes definitivamente o expediente de expropiación de terreos para a construción do novo centro de saúde e a cesión dun local á AECC

Ribadeo, 20 de maio de 2025. Ribadeo aprobará hoxe definitivamente o expediente de expropiación de terreos para a construción do novo centro de saúde e a cesión dun local á asociación local de loita contra o cancro.

O alcalde, Dani Vega, explicou que “no pleno que se vai a celebrar esta tarde vamos aprobar varios asuntos de importancia. O primeiro, a aprobación definitiva do expediente de expropiación para o centro de saúde. Toda esa tramitación burocrática administrativa da expropiación conclúe respondendo ás alegacións, desestimándoas e xa pedindo a urxente ocupación por parte do Concello á Xunta de Galicia. E aí daremos outro paso que sería esixirlle á Xunta que xa se poña co proxecto de construción do centro de saúde. Polo tanto, un paso máis definitivo no tema da parte administrativa burocrática máis farragosa e agora xa dar pasos para redactar o proxecto e así construír o centro de saúde”.

O rexedor contou que “tamén vamos ceder o uso dun baixo que temos en Avenida de Asturias, sen ningún tipo de utilidade para o Concello, e o que si nos parece interesante é ceder espazos a colectivos, asociacións. Qué nivel, qué importancia ten unha asociación para todos, como é a asociación contra o cancro aquí en Ribadeo, que fai un traballo importantísimo, eu son e desde o Concello somos admiradores desta asociación porque fan un traballo vocacional de servizo público, de voluntariado e polo tanto debemos dar tamén nos para esta asociación que tanto entrega para Ribadeo. Parécenos que esta cesión de entrega, de uso dun baixo, que non ten unha utilidade para o Concello, sen embargo o maior beneficio deste baixo van ser todos os ribadenses, e aquelas persoas que están pasando por momentos malos, tamén vai haber esa zona de acollemento por parte da asociación contra o cancro e polo tanto cedémoslle ese uso, un bo uso se lle vai a dar a ese local. Non lles damos nada, senón que é unha entrega polo traballo que fan e un agradecemento profundo e admiración total e absoluta”.

Para o alcalde “trátase dun pleno importante, onde abordamos estes asuntos e despois vai haber rogos, preguntas por parte da oposición, propostas por parte da oposición e nosoutros levamos estes dous asuntos que nos parecen de suma importancia”.

O pleno ordinario da Corporación Municipal de Ribadeo dará comezo ás 20 horas.

Exit mobile version