Site icon Crónica3.com A Mariña

Rural da Vicepresidencia da Deputación abre o prazo de solicitude dasaxudas do programa Marela!, de apoio á recría de Raza Rubia Galega

As axudas, dun maximo de 2.400 euros, poden solicitarse do 15 de maio ao 11 de xuño,incluídos

Lugo, 14 de maio de 2025. Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo abre mañá – 15 de maio- a convocatoria da segunda edición do programa Marela! de axudas á recría de Raza Rubia Galega nas ganderías da provincia.

O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases da convocatoria con axudas de 400 € por xovencas nacidas na propia granxa , que teñan acreditado un parto antes dos 36 meses e que estean inscritas no Rexistro Definitivo do Libro Xenealóxico de Raza Rubia Galega de ACRUGA.

O deputado Daniel García, que visitou a gandería Finca Villadangos, en Sabarei, no Corgo, explicou que “incrementamos a cobertura do programa ampliando a idade dos animais subvencionables ata os tres anos, tendo en
conta a experiencia da última anualidade e a demanda das ganderías coas que tratamos de manter un contacto contínuo desde a área de Rural para que as axudas cheguen da forma máis áxil e adaptada posible ás necesidades do sector”

O responsable provincial encadrou o programa “no apoio a conservación e promoción das razas autóctonas,neste caso colaborando e incentivando con esa achega económica a conservación e a mellora xenética da Raza Rubia
Galega, na que se sustenta en boa medida a gandería de vacún de carne na provincia, fundamental na produción de alimentos de calidade e na conservación do territorio”

O programa conta este ano cun orzamento de 250.000 euros -50.000 euros máis que na pasada anualidade-. As achegas están acoutadas a un máximo de seis animais por gandería, 2.400 euros.

O prazo de solicitude é de 20 días hábiles, do 15 de maio ao 11 de xuño, ambos incluídos. Os formularios están dispoñibles na páxina web da Deputación de Lugo, na sección Medio Rural e Mar.

No caso das persoas físicas, poderán elixir presentar a solicitude por vía electrónica ou presencialmente no Rexistro da Deputación de Lugo. A Para as persoas xurídicas, o trámite será unicamente por vía electrónica.

En 2024, 251 ganderías recibiron estas axudas para a promoción e potenciación da Raza Rubia Galega

Exit mobile version