Site icon Crónica3.com A Mariña

Un alumno do IES de Foz acada un cuarto posto no Combiguru Challenge en Venecia

Bruno Arca, alumno de 1º Ciclo Medio de Cociña, acadou un 4º posto no Combiguru Challenge celebrado en Venecia os días 8 e 9 de maio. O concurso consiste en realizar unha serie de probas na APP da compañía, famosa polos seus fornos. Os seleccionados van a Venecia para participar no concurso no cal teñen que preparar un prato e unha sobremesa durante tres horas, sempre empregando os fornos da marca. Os dous días de concurso inclúen visitas guiadas pola cidade de Venecia e formacións con cociñeiros de prestixio como Paolo Casagrande, do Restaurante Lasarte de Barcelona con tres estrelas Michelin.

Exit mobile version