Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha muller denuncia a tentativa de traslado da súa nai ao Hula por falta de médicxs no Hospital da Mariña

A Mariña 12 de maio de 2025. Unha muller quere denunciar públicamente que a falta de médicxs no hospital da Mariña está a provocar a derivación cara ao Hula por problemas que deberían resolverse aquí, como lle aconteceu a súa nai recentemente.

A muller relata que o domingo 9 de marzo súa nai sufriu un atragantamento que lle produciu unha importante falta de aire e sofocación, e tras contactar co 061 acuden ao servizo de urxencias do hospital. Tras a primeira valoración de urxencia pasa a ser atendida por Medicina Interna que decide deixala en observación 24 horas, pois non se recuperaba a saturación de osíxeno. Explicáronlle que se non remontaba non podería ingresar pois non había médicxs que poideran atendela e non lles deixaban ingresar máis pacientes. Ofertáronlle a derivación ao HULA máis según explica a muller “a miña situación é moi complicada pois a maiores de miña nai teño que atender ao meu pai de 86 anos, polo que non podemos irnos para Lugo”. Pasadas 24 horas recuperara algo máis a saturación aínda non estaba ben e volveron decirlle que non podían tela alí, e ao non querer irnos a Lugo “mandárona para a casa baixo a nosa responsabilidade”.

A muller indignouse ao escoitar na radio a resposta do Sergas

Esta muller contactou coa Plataforma Sanitaria da Mariña para que puxéramos voz á súa denuncia xa que se indignou coa resposta que deron desde o Sergas cando lle pediron explicacións.

Trala denuncia pública dun sindicato do que aconteceu ese día no hospital da Mariña, con derivacións de moitos pacientes a Lugo por falta de médicxs no centro sumados a uhna avería no TAC que non arranxou a empresa privada encargada por ser domingo, o Sergas respostou nun programa de radio que as derivacións a Lugo foran por esa avería. Foi nese momento cando a muller entrou en directo en antena para explicar o que sucedera realmente “pois é mentira que solo derivaran a Lugo pola avería do TAC, había pacientes de Medicina Interna tamén e mandaron varios pacientes na mesma ambulancia; eu estaba alí e ocurriu como denunciou o sindicato CIG”.

A Plataforma Sanitaria leva quince anos advertindo que ía pasar esto

Desde o colectivo sanitario indican que “levan quince anos advertindo que esto ía acontecer e que a situación sanitaria ía deteriorarse a pasos axigantados trala supresión da área sanitaria para pasar a ser un distrito da macroárea de Lugo. Xamáis quixeron dialogar cos colectivos sanitarios do país aglutinados en SOS Sanidade Pública para escoitar as súas propostas, o único que fixeron foi poñer en marcha as súas políticas sanitarias nefastas para a poboación á vez que nos tacharon de mentireirxs e alarmistas e lamentablemente o tempo está a darnos a razón”- explican.

Convocatoria de concentración en Viveiro o 15 de maio

Esta plataforma sanitaria ten convocada unha concentración o próximo xoves día 15 de maio diante do Centro de Saúde de Viveiro ás 11:30 horas. “Animamos a todas as persoas de Viveiro, dos concellos veciños e en xeral de toda a comarca a que acudan a esta convocatoria pois a atención sanitaria tanto no centro de saúde como no hospital da Mariña está moi deteriorada, cunhas agardas escandalosamente elevadas que producen un enorme sufrimento nas persoas e o deterioro do seu estado de saúde. Cando hai que agardar vinte días como mínimo para unha cita en Viveiro en Atención Primaria ou varios anos para unha consulta no hospital a asistencia sanitaria non está garantida, como queren facernos crer”- conclúe Montse Porteiro, coordinadora do colectivo.

Exit mobile version