O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 17:15 horas, mediante o aviso dos efectivos de Protección Civil, que informaban dun sinistro entre os puntos quilométricos 79 e 80 da LU-862. Minutos máis tarde, confirmouse que unha das persoas implicadas podería estar atrapada no interior do vehículo.
De inmediato, activouse un operativo no que participaron os servizos de urxencias sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Viveiro, encargados da excarceración, e axentes da Garda Civil de Tráfico, que prestaron apoio no lugar do suceso.