Site icon Crónica3.com A Mariña

Valladolid acolleu un showcooking con Merluza D& Burela

O chef ‘Estrela Michelin’ e ‘Sol Repsol’, Alvar Hinojal, ofreceu unha sesión para alumnos de hostalería con diferentes receitas de “Peixe de Burela”

Burela, 15 de maio, 2025. O Hotel Escola San Cristóbal, en Valladolid, acolleu este mércores 14 de maio un evento divulgativo e gastronómico titulado “Showcooking coa Raíña do Mar: Merluza D& Burela”, continuando coas accións de promoción do porto burelense en Castela e León, un mercado estratéxico ao ser unha das comunidades con maior consumo de peixe fresco e pola proximidade xeográfica con Galicia.

O acto, no que participaron 40 alumnos de hostalería de diferentes escolas de hostalería de Valladolid, como a Escola de Hostalería de Alcazarén ou a Escola Internacional de Cociña da Cámara de Valladolid, estivo dirixido pola dietista Gloria Hernández, que explicou as propiedades nutricionais e os beneficios de consumir peixe.

Na parte gastronómica, o chef do restaurante Alquimia, Alvar Hinojal, recoñecido cunha Estrela Michelin e un Sol Repsol, púxose á fronte dos fogóns para preparar peixes tan versátiles na cociña como a Merluza do Pincho de Burela ou o xurelo das súas frotas de litoral.

Alvar Hinojal luciuse con tres receitas elaboradas con “Peixe de Burela”, exhibindo a calidade e a frescura dos peixes desta lonxa e facendo as delicias dos comensais: “Merluza de pincho de Burela ao estilo ibérico máis tradicional, con xamón, xudías e algas”, “Merluza de pincho de Burela fritida estilo chifa” e “Xurelo curado con ajoblanco de anacardos”.

Acción incluída no plan de produción e comercialización anual de OPP-7 Burela, cofinanciada por Xunta de Galicia e FEMPA, co obxectivo de poñer en valor o consumo de peixe e contribuír á rastrexabilidade dos produtos da pesca e ao acceso dos consumidores a información clara e completa.

Exit mobile version