A Consellería do Mar, a través do GALP, dirixiu en 2024 a esta entidade unha axuda económica, dotada con máis de 41.000 euros, que lle permitiu ampliar a cetaria que posúe
Alfonso Villares felicitou aos responsables por esta nova iniciativa e por ter esa visión de reinventarse, co fin de medrar, apostando pola innovación e a pesca sostible. Na actualidade xa ofrece unha coidada selección de peixe e marisco fresco procedente directamente das lonxas galegas, con especial protagonismo da costa de Celeiro e Burela, dous dos portos máis recoñecidos do Cantábrico, ademais do litoral asturiano. Dispoñen de cocedoiro propio no que un dos produtos destacados é o polbo. Agora, co seu rebranding, a marca rexuvenécese e adquire unha imaxe máis diferencial, pensada para chegar a mercados internacionais e destacar o seu compromiso coa autenticidade e a sustentabilidade.
O responsable autonómico trasladou o apoio do Goberno galego a este tipo de iniciativas, remarcando con elo o firme compromiso que ten coa cadea mar-industria. Precisamente, neste caso o concreto, o departamento que dirixe Villares, xa dirixiu en 2024, a través do Grupo de Acción Local (GALP) Mariña-Ortegal, unha axuda económica, por valor de máis de 41.000 euros, que lle permitiu a esta firma ampliar a cetaria que posúe. Burela Quality ten unha facturación de ao redor de 1,6 millóns de euros e conta con 5 empregados a tempo completo.