A proposta, de carácter gratuíto, busca achegar o mundo da ilustración e a narrativa gráfica ao público máis novo, ofrecéndolles unha oportunidade única para explorar a súa creatividade da man dun profesional no ámbito.
A actividade require inscrición previa e as prazas están limitadas a 20 participantes, polo que se recomenda formalizar a inscrición canto antes a través do formulario que está dispoñible nas súas redes sociais e onde se facilita máis información.
Desde a organización animan ás familias a participar: “Só se precisa moita ilusión por aprender, debuxar e pasalo ben”.