Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro será escenario este sábado do Provincial escolar de Xadrez

A competición desenvolverase no Espazo Xove desde as dez da mañá

Viveiro, 5 de maio de 2025. O Torneo Provincial Xogade 2025 de xadrez celebrarase o sábado 10 de maio, a partir das dez da mañá, no Espazo Xove de Viveiro. Organizado polo Club de Xadrez San Roque de Viveiro, en colaboración co Concello e co Espazo Xove, contará coa participación de 16 equipos.

A competición levarase a cabo en catro roldas, nas que un total de 64 rapaces e rapazas xogarán de xeito simultáneo. Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, sinalou que «para o Concello de Viveiro sempre é unha honra recibir a deportistas na nosa vila. Neste Campionato Provincial achegarémonos a unha modalidade que promove a convivencia e a estratexia, dous valores imprescindibles da nosa mocidade».

Exit mobile version