O investimento da institución provincial para a rehabilitación desta estrada, a LU-P-6508, nun tramo de case tres quilómetros é de 60.000€. As obras comezaron coa reapertura das cunetas e inclúen o saneo da explanada e a repavimentación
Os traballos, dos que se encarga a empresa Cholo, comezarán no quilómetro 2 e consistirán na reapertura de cunetas, o saneo da explanada, reparación de desperfectos e repavimentación. O prazo de execución será dun mes.
Unha actuación importante para o concello chairego porque esta é unha das parroquias máis grandes de Vilalba, na que viven preto de 500 veciños e veciñas e conta con diferentes puntos de interese como a Casa-Escola de Lanzós, o castro do Adro, ou a capela de San Andrés.
A institución provincial ten en marcha cinco proxectos neste municipio chairego que se enmarcan no Plan de Mellora das Estradas provinciais anunciado polo Presidente. Neste 2025 a Deputación destina 27M€ -o 21% do seu orzamento- á conservación e mellora da súa rede viaria.