Esta xuntanza enmárcase na dinámica de impulso político e organizativo que lidera o Secretario Xeral para reforzar a acción do socialismo lucense no conxunto do territorio e dar resposta aos retos presentes e futuros da provincia.
A reunión, celebrada ás 20:00 horas, permitiu avanzar na análise e coordinación das liñas de traballo que marcarán a actividade da organización nos vindeiros meses. Abordáronse cuestións políticas de relevancia en todos os niveis -local, provincial e autonómico-, con temas clave como a vivenda, a mobilidade, as comunicacións ou as infraestructuras, entre outros asuntos de interese para as agrupacións locais.
Así mesmo, a Executiva avaliou o funcionamento e o avance dos distintos grupos de traballo internos, que teñen como obxectivo dinamizar áreas estratéxicas da acción política socialista na provincia.
Con encontros como este, o PSdeG-PSOE de Lugo reafirma o seu compromiso cunha política útil, organizada e pegada ao territorio, que dea resposta ás necesidades reais da cidadanía e contribúa a fortalecer o proxecto socialista dende a proximidade, o diálogo interno e a acción colectiva.