Será a partir das 22.00 horas na Praza do Náufrago de Celeiro
En caso de que chova, o espectáculo desenvolverase na Casa do Forno.
A alcaldesa Mariña Gueimunde destacou a relevancia desta cita cultural: «É un orgullo formar parte desta xira que reivindica a nosa historia marítima e lle dá voz ás mulleres que quedaban en terra: ás viúvas, ás orfas, ás que socorrían…».
O espectáculo; que mestura narración, música en directo e imaxes audiovisuais; está pensado para público adolescente e adulto. A función en Celeiro enmárcase na programación cultural de verán do Concello de Viveiro.