Site icon Crónica3.com A Mariña

A obra de Xosé Vizoso volve a Burela cunha exposición na Casa da Cultura

A mostra ‘Universo Vizoso’ será inaugurada mañá, martes 24 de xuño, ás 19:30 na sala de arte

Burela, 23 de xuño de 2025. O Concello de Burela acollerá, na sala de arte da Casa da Cultura, unha nova exposición da obra do artista gráfico Xosé Vizoso.

O artista gráfico, nado en Mondoñedo e finado no pasado mes de febreiro, volve deste xeito á vila mariñeira nunha mostra que estará dispoñible para a súa visita durante un mes.

Mañá, martes 24 de xuño, será a inauguración da exposición ás 19:30 horas. O horario de visitas será de luns a venres entre as 11:00 e as 13:00 e entre as 18:00 e as 20:00 horas.

A veciñanza de Burela e visitantes poderán coñecer de preto a obra do mindoniense ata o vindeiro día 24 de xullo. Esta impulsada por Arraianos Producións, o Concello de Burela, a Deputación de Lugo e a Rede Museística Provincial de Lugo.

A concelleira de Cultura, Lina Gómez, convida aos veciños e veciñas a “desfrutar unha vez máis da obra deste destacadísimo artista da Mariña, coñecido entre outras moitas cousas por ter sido un dos principais deseñadores de Sargadelos”.

Ademais do seu labor en Sargadelos, encargado da conceptualización das pezas de cerámica, tamén é coñecido polo seu traballo na restauración da Catedral de Mondoñedo entre outros moitos.

Exit mobile version