Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma pola Defensa das nosas Árbores valora como un éxito a Andaina Cívica celebrada en Ribadeo o 31 de maio

Ribadeo, 11 de Xunio de 2025. O pasado luns, 9 de xunio, celebrouse unha xuntanza ordinaria para debater os resultados da Andaina Cívica convocada o sábado 31 de maio e propoñer novas actividades.

Tod@s @sistentes estiveron de acordo en que a andaina foi un éxito malia non ter un prantexamento de manifestación e non ser unha convocatoria masiva. Xuntáronse sobre sesenta persoas, moitas delas incorporadas sobre a marcha sen previo aviso.

Como proxecto a curto prazo acordouse redactar unha nota informativa sobre os inconvintes e posibeis vantaxes de pechar o actual Centro de Saúde e “levalo a un punto tan lonxano como é a zona da estación de servizo, facendo fincapé en que o problema actual é a falla de persoal e non o estado do edificio, que ben pode ser reparado e mellorado”.

En segundo lugar dirixirase un escrito ao Sr. Alcalde de Ribadeo preguntando si se tiveron en conta os atrancos e inconvintes da nova localización que pretende a Xunta de Galicia e que apoia o concello.

E en terceiro lugar convocarase unha charla informativa presencial ademais de seguir informado polos medios de comunicación e as redes sociais.

Exit mobile version