Unhas 45.000 persoas en España teñen disposición xenética á sobrecarga de ferro
Segundo explica a Asociación Española de Hemocromatose, uns 45.000 españois teñen predisposición xenética á sobrecarga de ferro. Trátase dunha doenza que provoca que se acumule demasiado ferro no organismo e que pode causar danos en órganos como fígado, corazón, cerebro ou bazo.
A iniciativa propón que se iluminen de vermello edificios ou elementos emblemáticos na tarde e noite do 7 de xuño, como é o caso da Porta de Carlos V de Viveiro.