Na selección, realizada polos usuarios de Jetcost, destacan cinco españolas: Cala Macarella, en Menorca, Illas Baleares, Praia de Calahonda, en Málaga, Andalucía, Cala do Moraig, en Alacante, Comunidade Valenciana e Praia de Papagaio, en Lanzarote, Illas Canarias, foron as outras elixidas do estado
Praia das Catedrais, Ribadeo
A praia das Catedrais, declarada Monumento Natural, é unha das máis famosas de toda Galicia e España. O máis peculiar son as súas formacións rochosas creadas polo vento e a auga, que levaron a crear curiosas formas. Cando baixa a marea é posible descalzarse e camiñar baixo covas e descubrir arcos dentro doutros arcos. A visita con marea alta pode facerse desde o alto do cantil, gardando a debida distancia de seguridade. Aínda que a entrada é gratuíta, para evitar aglomeracións, é necesaria a reserva de entrada nos meses de xullo, agosto e setembro. A pesar dos condicionantes que nos impón o fluxo das mareas, durante os períodos próximos á baixamar, ademais de contemplar as fantásticas formacións creadas pola natureza, tamén se pode gozar da praia para tomar o sol ou darse un baño, sendo un lugar ideal para o goce dos nenos, xa que ao baixar a marea, xunto ás rocas, fórmanse multitude de pequenas pozas de auga cristalina que se amornan cando lles dá o sol.