A alcaldesa Mariña Gueimunde e o concelleiro Vicente Vázquez recolleron a distinción no acto que se celebrou en Ponteceso
Mariña Gueimunde afirmou que «é un orgullo para o noso concello recibir un ano máis este recoñecemento que certifica a calidade e o coidado da nosa costa. A bandeira azul é froito do traballo conxunto de veciñanza, servizos municipais e entidades locais comprometidas coa sustentabilidade e a excelencia ambiental».
O Concello de Viveiro tamén está a facer xestións para a contratación de cinco socorristas para, previsiblemente, empezar a prestar o servizo de socorrismo na praia de Area a partir do 1 de xullo. As bases e a convocatoria do proceso selectivo publicaranse no BOP e un dos requisitos indispensables dos aspirantes é que estean desempregados.
Por outra parte, o Concello de Viveiro vén realizando desde o 1 de xuño tarefas de limpeza e apertura dos baños nas praias. O servizo manterase activo ata o 30 de setembro.