A organización explica que todos os participantes contarán cun servizo de autobuses gratuíto que facilitará o traslado ao punto de saída ou de chegada. Tamén anuncia que os máis pequenos poderán gozar das carreiras de menores que se celebrarán o mesmo domingo fronte ao Concello de Burela durante a mañá.
Este evento conta co respaldo da Fundación Mediolanum, que a través do proxecto social de Banco Mediolanum Mediolanum Aproxima doará 1 euro por cada participante á Asociación Española contra o Cancro. Ademais habilitouse unha fila cero na plataforma Mi grano de arena para todas aquelas persoas que desexen colaborar coa causa.
As inscricións estarán abertas ata o mércores 11 de xuño ás 23:59 horas a través da web oficial (https://bancomediolanum15kseries.es).
O concelleiro de Deportes en Foz, Ángel Fernández Neira, comenta que “coa 15K A Mariña-Banco Medio Mediolanum ademais de fomentar o deporte podemos disfrutar da fermosa paisaxe que une Foz e Burela” e dá as grazas a Mediolanum “por contar un ano mais con este espectacular percorrido”.