Site icon Crónica3.com A Mariña

A Sociedade Cultural Ledicia, de Burela, remata o curso da escola de baile e música tradicional cun festival aberto ao público que terá lugar o vindeiro domingo 27 de xuño ás 19:30 h na praza do Concello

O alumnado da escola dará mostra do resultado das moitas horas de ensaio e convida á veciñanza a disfrutar con eles. Durante esta última quincena do mes estase traballando tamén na XXXIX Feira do Bonito, programada para os vindeiros 2 e 3 de agosto. Pódese decir que comeza coa convocatoria do concurso de carteis que ten xa gañadoras: na categoría A (ata 14 anos) Anxela Regal Rico, e na categoría B (maiores de 14 anos) Maite Fernández Cendoya; os seus traballos faranse públicos en poucos días e aparecerán no programa de man e no cartel anunciador da Feira.

Exit mobile version