
O festival terá lugar os próximos 28, 29 30 de xuño e o 1 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore. A subdelegada destacou a máxima coordinación entre o Goberno, o Concello de Viveiro, a organización do evento e as forzas e corpos de Seguridade do Estado para garantir o bo desenvolvemento do ‘Resu’.