Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta colabora coa I Concentración Moteira de Trabada, que se celebrará na localidade os vindeiros 21 e 22 de xuño

O encontro está organizado polo motoclub A Cadeira, de recente creación. Unha das citas máis esperadas será a exhibición acrobática do piloto profesional Emilio Zamora, que terá lugar a partir das 19.30 horas do sábado no parque de San Roque. Tamén se ofrece un simulador de pilotaxe de moto GP, música en directo ou unha ruta turística o domingo pola mañá. Habilitarase ademais unha zona de acampada exterior e interior.

Exit mobile version