O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación da proba, incluída no I Circuíto de Carreiras Populares da Terra Chá
O prazo de inscrición está aberto ata o día 7 de xullo. Hai diferentes categorías e distancias en función das idades, dende os pitufos – nacidos a partir do 2018 – ata as persoas adultas.
A saída e a meta estarán na praza do Concello. A proba discorrerá principalmente por camiños de terra á beira do monte da contorna próxima á vila – arredor do 70% – , así como polas rúas da localidade. En canto á andaina, está aberta a todas as idades e terá un percorrido de 4,5 quilómetros.
Arias destacou que A Pastoriza “é o escenario idóneo para acoller unha carreira popular destas características”, que ofrece a oportunidade “de practicar exercicio físico ao aire libre nunha contorna natural privilexiada”, apuntou.