O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto do 20 ao 27 de xuño
O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto do 20 ao 27 de xuño, e as peticións atenderanse por orde de rexistro de entrada ata fin de disponibilidade.
O modelo de solicitude está dispoñible no taboleiro de anuncios dixital, na web municipal, impresos en papel no rexistro e na sede electrónica do Concello de Viveiro.
A cesión de material (cadeiras, taboleiros e cabaletes) está destinada exclusivamente a particulares, mentres que os establecementos de hostalería deberán tramitar as súas solicitudes obrigatoriamente a través da sede electrónica. Ademais, será necesario solicitar expresamente o uso do espazo municipal para calquera comida ou cea, mesmo no caso de terrazas que xa conten con autorización previa.
A presentación da solicitude implica a aceptación das condicións establecidas na resolución municipal. Os solicitantes serán responsables do correcto uso do material e do espazo cedido, así como da seguridade durante o desenvolvemento da actividade.