Site icon Crónica3.com A Mariña

Academia A Mariña acollerá o vindeiro martes, 17 de xuño, unha sesión informativa sobre o novo marco de colaboración entre empresas e entidades de formación no ámbito galego

A cita está organizada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en colaboración con CECAP. A xornada dará comezo ás 10 da mañá nas instalacións da academia, en Burela. Haberá unha exposición por parte da Consellería sobre as novas convocatorias do programa AFD, unha mesa redonda con participación de empresas e entidades de formación; e un espazo de café-networking para intercambio de impresións e xeración de contactos.

Exit mobile version