
Este venres, na Praza do Concello, tivo lugar a lectura do manifesto institucional con motivo do Día Internacional do Orgullo LGTBI, acto no que a concelleira de igualdade, Montse Porteiro, deu lectura ao texto co que Barreiros reitera o seu compromiso coa diversidade, a igualdade e os dereitos de todas as persoas, independentemente da súa identidade ou orientación. Como xesto simbólico e de agradecemento pola participación, agasallouse cun pequeno detalle a todas as persoas asistentes.