Site icon Crónica3.com A Mariña

Cabo de Cruz e Vila de Cangas gañaron a III Bandeira ds Liga Galega de Traiñeiras, orgsnizada polo CR Celeiro na ría de Viveiro

O club local saíu por primeira vez ao mar ecun embarcación feminina en Liga Galega

Viveiro, 15 de xuño de 2025. Cabo de Cruz, na categoría feminina, e Vila de Cangas, na masculina, gañaron a III Bandeira de Traiñeiras de Veteráns CR Celeiro da Liga Galega que se disputou este sábado na ría de Viveiro.

A deputada Iria Castro, acompañada da concelleira Miriam Bermúdez, entregaron os emblemas as embarcacións gañadoras da proba organizada polo CR Celeiro, que saíu por primeira vez ao mar cunha tripulación masculina e outra feminina nunha proba de Liga Galega.

O CR Celeiro organizou por terceiro ano esta regata de Liga Galega, que contribúe á proxección da tradición remeira en Celeiro e a do propio club, que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Nas últimas semanas, ampliaron o seu equipamento cunha nova traiñeiriña adquirida coa colaboracion da área de Deportes.

Exit mobile version