Site icon Crónica3.com A Mariña

Carmela López, reelexida Secretaria Xeral do PSdeG-PSOE de Burela

Burela, 26 de xuño de 2025. A Comisión Executiva Municipal do PSdeG-PSOE de Burela foi renovada nunha asemblea celebrada pola agrupación local, na que Carmela López foi reelixida como Secretaria Xeral, á fronte dun equipo plural que combina experiencia, compromiso e unha forte implicación co futuro do concello.

A nova executiva queda conformada polos seguintes cargos:

Secretaria Xeral: Carmela López
Secretario de Organización: Miguel Otero Soto
Secretaria de Política Municipal: Elvira García López
Secretaría: Alberto Méndez
Secretaría: Patricia Otero
Secretaría: Pedro Chao
Secretaría: José Luis Rodríguez

Carmela López agradeceu o respaldo a militancia e destacou a cohesión do equipo que a acompañará nesta nova etapa. “Agradezo o apoio da Agrupación Socialista de Burela nesta reelección como Secretaria Xeral. Asumo esta responsabilidade coa mesma firmeza coa que levo anos defendendo os valores do socialismo e traballando por Burela”, afirmou.

López puxo en valor a entrega das persoas que integran a nova executiva, “compañeiras e compañeiros que representan a xenerosidade e a confianza nun proxecto colectivo que vai máis alá de siglas: mellorar a vida da xente de Burela”.

“Seguiremos sumando esforzos, con humildade, con valentía e coa cabeza e o corazón postos no mesmo lugar: no futuro da nosa vila e na dignidade da nosa veciñanza”, concluíu.

Exit mobile version