Site icon Crónica3.com A Mariña

Centos de persoas concentráronse diante do centro de saúde de Viveiro demandando unha atención sanitaria de calidade

Viveiro, 5 de xuño de 2025. Unhas cincocentas persoas acudiron á chamada da Plataforma Sanitaria da Mariña para concentrarse diante do Centro de Saúde de Viveiro en demanda dacobertura de todxs os profesionais ausentes.

“Sabemos que nesta semana faltan 4 médicxs de familia dxs once que ten que haber e que mañá faltará outro máis que se vai definitivamente trasladado fora de Galiza. En relación a pediatría seguimos con unha soa persoa facultativa desde hai anos”.

“Vimos de coñecer tamén que o cadro de enfermería está tamén mui diminuido, faltando o 40% dxs profesionais equenos meses de vacacións non se vai substituir o persoal de enfermería de vacacións. Esto sumadoa que non haberá persoal médico nin de enfermería para as persoas desprazadas, que supoñen un aumento na poboación ao cuádruple ou quíntuple dan unha idea do caos que se aveciña dentro de poucos días”.

“Desde este colectivo sanitario advertimos de que a comarca da Mariña sufre un abandono total en materia sanitaria, de xeito que a palabra que mellor define esta situación, continuada no tempo e agravada cada día que pasa, é desolación”.

A coordinadora da plataforma, Montse Porteiro, afirma “que ten que seguir a mobilización social alí onde haxa unha eiva porque está claro que onde existe mobilización social a consellería tenta parchear para tratar de calar o clamor do pobo. Para mostra o que está a pasar no hospital da Mariña e que encabeza hoxe os diarios; son parches en resposta aos case cuarenta días de concentracións continuadas dxs profesionais, pacientes, acompañantes e xente que viña de distintos lugares da comarca a loitar pola sanidade”.

Exit mobile version