Hai xa máis de 150 inscricións de toda Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria, País Vasco e Madrid; e a entrada é de balde para todos os públicos
A tenente de alcaldesa, Mali Méndez, presentou o evento acompañada do director Nacional de Kung Fu da Real Federación Española de Kárate, Miguel Ángel Rojo, veciño tamén do municipio.
Hai xa máis de 150 inscricións de toda Galicia, Asturias, Castela e León, Cantabria, País Vasco e Madrid.
A proba disputarase a partir das 10:00 horas no Pavillón do CEIP Península da Paz.
A competición depende do departamento de Kung Fu da Federación Galega de Kárate na modalidade de Taijiquan, e os participantes competirán nas modalidades de Taolu (formas ao aire) con armas e man baleira e Taishou (combate).
Ademais, na modalidade de Tao Lu, haberá competición individual e por parellas.