Ata un número de 38 nenas integraron este curso 2024-2025 na Escola Municipal de Patinaxe Artístico que vai medrando cada curso en asistencia e horas de adestramento.
Como colofón desta exitosa edición, a Concelleira de Deportes, Ana Rubal, e o Alcalde, José Manuel Lamela Piñeiro, fixeron entrega ás nenas participantes de diploma, medalla e un agasallo.
A Concelleira, Ana Rubal, manifestou a satisfacción do Departamento que dirixe, con esta Escola Deportiva e con compromiso cos valores de compañeirismo, constancia e espírito de superación que promove, manifestando que a súa delegación sempre fomentará e apoiará a desenvolvemento de deportes como este que cada ano son seguidos por máis nenas neste Concello.