O domingo, ás 12:00 horas celebrouse a Bendición dos Campos, Procesión, Bandeo do Pendón e Reverencia das Cruces. Amenizzou o acto o cuarteto Illa Pancha,e a continuación celebrouse a misa solemne seguida de sesión vermú co grupo D’Cano. Ás 15:00 horas daba comezo a V Comida Romaxe das Cruces, que foi servida por catering Pulpería Suso.
Pola tarde ás 18 horas foi a representación da batalla por Recreadores de Galicia – RG. Da nota musical encargouse o Grupo D’Cano. Ás 20 horas deu comezo o concerto que ofreceu Lucía Pérez e o Grupo D’Cano encargouse do fin de festa.
A Romaxe das Cruces estivo organizada pola Comisión de Festas de As Cruces de Arante coa que colaboran o Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia, Sanbet Agencia e Tradigalu.