Concha Losada, que naceu na parroquia ribadense de Rinlo, exerceu o marisqueo -sobre todo como percebeira- desde moi nova e compaxinou ese labor co de cociñeira en hostalería desde os 17 anos ata agora, cando rematou a súa ampla traxectoria en A Horta de San Roque. Antes traballou en varios establecementos dos municipios de Ribadeo e de Barreiros nos que destacou pola elaboración de arroces, que son a súa gran especialidade. Como din os que a coñecen ben, “o mar e a cociña son moi importantes na vida de Concha”.
Na cea con motivo da xubilación de Concha Losada participaron os propietarios e todos os traballadores do restaurante A Horta de San Roque. E incluso algúns ex empregados deste establecemento que non puideron asistir ao evento tamén quixeron estar presentes e enviaron mensaxes con vídeos para a homenaxeada.