Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado celébrase na Espiñeira, Foz, a xornada de exaltación de porco celta

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora co veciñanza da Espiñeira, en Foz, para enxalzar os produtos de porco celta

Foz, 30 de xuño de 2025. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora coa organización da xornada de exaltación de porco celta que organiza a Asociación Cultural Virxe do Pilar da Espiñeira, de Foz, o vindeiro sábado -5 de xullo-.

Trátase dunha comida popular con produtos derivados desta raza autóctona -principalmente torrezmos, chourizo e panceta -, que se celebra por terceiro ano consecutivo no campo da feira da Espiñeira e que contribúe a popularizar a calidade desta carne.

O deputado de Mocidade Daniel García participou na presentación desta cita popular que, explicou, “está aliñada coas actividades que se desenvolven desde a área de Rural para promocionar os produtos de razas autóctonas e fomentar o seu consumo“ e valorou “a presenza destes produtos en celebracións e comidas populares, nas que se amplía o número de persoas que poden aprecialos”.

A colaboración coa asociación da Espiñeira encádrase nas programacións que a Vicepresidencia da Deputación desenvolve para impulsar a presenza da música tradicional, da animación de rúa e da música en galego en citas festivas e culturais de todas as comarcas, reforzando a actividade que desenvolve o tecido asociativo.

Exit mobile version