Entre o xoves 12 e o mércores 18 de xuño os CEIP San Miguel de Reinante Barreiros, CEIP Plurilingüe Celso Currás de Trabada e CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo acolleron estas visitas, que forman parte da serie de actividades dirixidas ao público infantil que se levan a cabo desde a OPP-7 Porto de Burela, co obxectivo de achegalos ao mundo da pesca e o consumo de peixe; inclúense no seu plan de produción e comercialización e están cofinanciadas pola Xunta de Galicia e o FEMPA.
O secretario técnico da OPP, José Manuel Beltrán, saluda aos alumnos antes de dar paso a unha charla divulgativa sobre os beneficios de comer peixe, impartida pola dietista Alba Vila, que, ademais dos seus centros en Burela e Foz, tamén coordina os menús de diferentes colexios da zona.
Os pequenos amósanse sempre moi participativos, seguindo atentamente os debuxos e explicacións sobre algunhas das principais especies da lonxa de Burela: pescada do pincho, peixe sapo, peixe espada, xarda e bonito do norte; aprendendo as principais diferencias entre o peixe azul e o branco.
Nestas tres xornadas participaron máis de 130 alumnos de educación infantil e primaria, de entre tres e oito anos, que ao final da charla recibiron unha mochila de regalo que seguro lucirán nas súas xa próximas vacacións de verán.