Por outra banda, para axudar a concienciar sobre a importancia da biodiversidade, levouse a cabo o II Bioblitz no entorno do centro coa axuda de Belén Pérez Teijo. Esta actividade consiste en facer un rexistro intensivo de especies nunha área e tempo determinado empregando a App ObsIdentify de telefono móbil. Os datos súbense automáticamente e tras ser validados, á plataforma internacional Observation coa finalidade de poder facer seguimento de especies en tempo real. Os resultados deste ano foron expostos na XXX Feira da Ciencia destacando a araña saltarina Macaroeris nidicoles, só presente na Península Ibérica e Europa así como un bó número de exemplares de Cardera (Vanesa cardui), a bolboreta que fai a migración máis longa coñecida entre os insectos xa que recorre ata 15000 km en seis xeracións. É dicir, que as bolboretas observadas o día do Bioblitz, estaban facendo unha longa viaxe con parada en Ribadeo.
O IES de Ribadeo agradécelle a Belén Pérez Teijo a súa colaboración. Con actividades deste tipo o alumnado valora non só a biodiversidade senón tamén a importancia da ciencia cidadá que lle permite a persoas non especializadas participar activamente na recollida de datos imprescindibles para a comunidade científica. Tamén está moi agradecido con Francisco Canosa, asiduo colaborador do centro, xa que non cabe dúbida que viaxar ao interior terrestre a través das rochas axuda a valorar o Patrimonio Xeolóxico.